xoves, 19 de marzo de 2020

PRESENTACIÓN

Queridos alumnos e alumnas:

Queremos ofrecervos unhas actividades e tarefas para que poidades repasar os contidos vistos ata agora e non perdamos o ritmo e o hábito de traballo. 

Son propostas e suxerencias e o obxectivo principal e de axudar a non esquecer o que xa tiñades aprendido

Somos conscientes de que non todos dispoñedes dun ordenador con conexión a internet e unha impresora. Por iso, estade tranquilos no caso de que non poidades consultar o blogue, ou só poidades estar un ratiño co ordenador porque os maiores da casa tamén o necesitan ou consideran que xa levades moito tempo de "teletraballo".

Lendo libros todos os días, facendo pequenos ditados, copiados, redactando o voso diario, escribindo cartas ou postais aos seres queridos tamén aprenderedes moito.

Facendo operacións de sumas e restas levando, cada vez máis rápido, e pequenos problemas con euros por exemplo sumando produtos da lista da compra ... tamén estamos seguras de que ides ben coas matemáticas.

A ensinanzas que estamos todos a recibir estes días tamén son moi importantes en canto á convivencia, paciencia, resistencia, ser bos veciños...Aproveitade para ver o lado positivo e a desfrutar das vosas familias axudándolle en todo o que poidades e colaborar na casa.

Botámosvos moito de menos!

 As vosas profes.