luns, 8 de xuño de 2020

LUNS, 8 DE XUÑO DE 2020

MATEMÁTICAS

Ola rapazas e rapaces, que tal a fin de semana? Seguro que o pasastes moi ben! Pouco falta xa para que remate este curso, que axiña pasou, verdade? 
Pois hoxe tamén imos ir acabando coas táboas de multiplicar, que vos parece? Imos coa táboa do 9!! 




A semana pasada aprendestes un truco para a táboa do 8. Tamén hai un truco para a do 9, só precisades os dedos das vosas mans!

En YouTube:



En YouTube Kids: 







HORA DE LER E DEBUXAR
Coñeces a Gloria Fuertes? É unha escritora española que escribiu moitísimos libros infantís, é coñecida como a poeta dos nenos e nenas. A proposta para ler hoxe son uns poemas dela, pero tamén animámosvos a que debuxedes no papel as imaxes visuais que vos despertan ao lelos, e dícir, debuxalos tal e como os vedes na vosa imaxinación según os ides lendo.








Ningún comentario:

Publicar un comentario