Hoxe imos facer un repaso dos verbos en pasado, presente e futuro. Se non vos lembrades moi ben o martes 26 de maio compartimos con vós uns vídeos onde vos explicaban que é o verbo e cando están en pasado, presente e futuro. Se o necesitades volvede a velos.
Se hai algo no que se nota moito o paso do tempo e no que podemos ver a diferencia entre o pasado, o presente e o futuro é nas profesións. Aquí tedes unha lectura sobre oficios do pasado.
HORA DE LER
Pájaro Amarillo invítanos a coidar o planeta no que vivimos. Agardamos que vos guste e que desfrutedes da súa lectura.
MANUALIDADE DO DÍA
Que vos parece facer hoxe un helicóptero de papel?
Vídeo en YouTube:
Vídeo semellante en YouTube Kids (este é un pouco máis complicado):
Esperamos que teñades unha boa fin de semana todas e todos!!!
Lembrade que a próxima semana remata o cole!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario