LINGUA GALEGA
Ao mellor, sen sabelo, xogastes algunha vez aos campos semánticos. Por exemplo, se vos preguntan que teñen en común as rosas, as papoulas, as orquídeas, as calas, as margaridas, os caraveis, os alelís, as dalias...seguro que diredes que todas son flores. Visualizade o vídeo e encontraredes máis exemplos de campos semánticos.
Para practicar:
FICHA: CAMPO SEMÁNTICO, PRONOMES EN GALEGO
FICHA: USO DA R, RR, MP, MB, FACER ORACIÓNS COS VERBOS DADOS
Case seguro que coñecedes este precioso libro pero vale a pena lelo outra vez. Que importa o que digan os que so pretenden facernos dano!
ORELLAS DE BOLBORETA: FICHA COMPRENSIÓN LECTORA
Acabades de ver e de ler un texto e aquí vos deixamos uns
CONSELLOS PARA LER MELLOR
Como tarefa para a semana que vén gustaríanos moito que nos enviarades a gravación en video ou audio dun pequeno conto lido por vós. Aquí tedes un exemplo.
O CANGAREXO NOVO
Este cangarexo tamén tiña moi claro o que debía facer .
HORA DE DEBUXAR
"Quen a boa árbore se acolle, boa sombra o cobre". Este refrán quererá dicir que debemos rodearnos de boas persoas?
DEBUXAR SOMBRAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario