Durante o confinamento puidemos comprobar como foron pasando os días, semanas e incluso case dous meses... Como pasa o tempo! Hoxe imos repasar o calendario. Podes facer estas tarefas oralmente, só precisas un almanaque para poder consultar e responder as preguntas que che fan.
Tamén imos facer un repaso de sumas e restas e de como se escriben os números. Estas tarefas podes facelas na túa libreta.
Hoxe é o último día desta semana de colexio! Temos por diante unha fin de semana un pouquiño máis longa e na que se celebran varias cousas. Por unha banda, mañá día 1 de maio é o Día Internacional do Traballo e, por outra banda, o sábado 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Se queredes saber un pouquiño máis de cada unha destas conmemoracións non deixedes de ver os vídeos que a continuación vos propoñemos.
Vídeo onde se explica porque se celebra o Día Internacional do Traballo.
Conto sobre o acoso escolar titulado "La decisión de Marina".
Tamén vos propoñemos que vexades estas dúas curtas sobre o acoso escolar:
Aproveitando que temos por diante unha fin de semana un chisquiño máis longa, aquí vos deixamos un xogo con vasos no que hai que ter moito ritmo... Ánimo e a practicar moito!
CIENCIAS NATURAIS Cantas veces escoitamos, sobre todo estes días de confinamento, que o máis importante é a saúde? Pois neste caderno tedes un conto sobre o exercicio físico e o deporte. Como é un pouco longo queda de tarefa para dous días.
Se antonte debuxastes a profesionais da saúde, hoxe dedicaremos un
debuxo a os bombeiros. Estes días están a facer un traballo moi
importante. Por exemplo, en Santiago están a desinfectar rúas e
establecementos por onde vai moita xente. Se vos queredes enterar mellor
podedes ler esta noticia coa axuda de un adulto ou irmán maior.