Ante a imposibilidade de chegar a todas as familias a través do correo electrónico, copio aquí a mensaxe enviada no día de onte. Por favor, as familias que non recibiran o correo manden, se lles fose posible, a segundoprimariaroxos@gmail.com a súa dirección electrónica onde poder enviarlles futuras comunicacións.
Venres, 17 de abril de 2020
Prezadas familias:
En primeiro lugar desexarvos que
sigades ben de saúde e levando esta situación co mellor ánimo
posible.
Neste 3º trimestre, mentres dure o
confinamento, faremos no blogue unha entrada diaria con tarefas de
repaso ou reforzo dos contidos xa vistos na aula. Estas actividades
pódense realizar na propia ficha (aqueles que as poidades imprimir),
na libreta, ou serán actividades interactivas ou xogos, para o
ordenador ou táblet.
Somos coñecedoras de que non todos
dispoñedes de impresora ou dun ordenador; neste caso, o que se pode
facer é que vaian copiando e resolvendo os exercicios nunha libreta
ou folio (desta maneira farían menos exercicios, porque é máis
laborioso para eles, pero é igualmente válido).
Ata o momento non temos as instrucións
da Consellería en canto á avaliación e seguimento; en canto
teñamos esta información vola trasladaremos.
Seguimos facendo fincapé na
importancia de que non perdan o hábito de traballo e de establecer
unhas rutinas, dentro da situación tan excepcional que estamos a
vivir, porque axudan ademáis a súa estabilidade. Respectar, en todo
caso o seu ritmo sendo conscientes que non están desenvolvendo a súa
actividade escolar de maneira “ordinaria”. Por último recordar
que a paciencia, a tranquilidade que lles transmitamos é moi
beneficiosa xa que eles están máis pendientes do que observan en
nós que do que digamos unha e outra vez...
Saúdos afectuosos e unha grande aperta
para cada un dos nosos alumnos e alumnas.