Seguimos coas táboas de multiplicar! Hoxe imos repasar a táboa do 5.
Vai chegando o momento de aprender a multiplicar, neste vídeo explícanvos como se fai unha multiplicación. Mirádeo con atención e veredes que é máis sinxelo do que pensades! Se non vos queda moi claro non vos preocupedes, pouco a pouco xa veredes como cada vez vos resulta máis fácil.
E agora imos practicar a multiplicación. Podes facer estes exercicios na túa libreta ou nun folio.
LINGUA GALEGA
Xa fai moitos días que non nos vemos e botámosvos moito de menos! É por iso que as profes decidimos escribirvos unha carta para contarvos como levamos o confinamento e como nos sentimos. Mais a nós tamén nos gustaría saber como vos atopades, que botades de menos, que é o que máis vos gusta de estar na casa, que vos gustaría facer cando nos volvamos ver todos e todas ou calquera cousa que vos apeteza compartir e contar. Gustaríanos que nos contestárades a esta carta e que a enviedes, coa axuda dun adulto, ao correo electrónico segundoprimariaroxos@gmail.com. Podedes escribir directamente no correo ou escribila nun folio e despois facer unha foto e mandala, como prefirades. Estaremos agardando todas as vosas cartas!
HORA DE LER
Para rematar esta semana na que se celebrou o Día do libro podedes ver esta curtametraxe de Sr Morris Lessmore titulada "Los fantásticos libros voladores".
Tamén vos recomendamos este libro de Anna Llenas "Si yo fuera un gato".
Lembrade que durante uns días seguen poñendo novos audicontos no blog da bibliteca do colexio!
MANUALIDADE DO DÍA
Onte propuxemos a visualización do conto "Quiero ser como tú" e a manualidade de hoxe está relacionada co mesmo. Quenes son as súas personaxes? Se lestes ou vistes o conto saberedelo de seguro! Escolle a que máis vos guste!
BOA FIN DE SEMANA A TODOS E TODAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario