mércores, 22 de abril de 2020

MÉRCORES, 22 DE ABRIL DE 2020

MATEMÁTICAS

Hoxe imos facer un repaso de sumas e restas, non vos olvidedes das levadas! Tamén imos facer dous problemas (lembrade que cando resolvemos problemas subliñamos os datos de vermello e a pregunta de azul). Podedes copialo na vosa libreta, nun folio ou facelo na ficha (se podedes imprimila).


Tamén podedes facer un repaso das táboas de multiplicar, que vos parece empezar coas do 2, 3 e 4?

Despois de repasar as táboas podes entrar neste xogo para comprobar cantas acertas!



LINGUA  GALEGA

 Le o texto de "O pintor chalado" e responde as preguntas. Se queres podes facelo oralmente.










LINGUA CASTELÁ

Hoxe tócache corrixir a ti! Neste ditado hai algúns erros de ortografía, cópiao na túa libreta corrixindo todos os erros que atopes. Teredes que estar moi atentas e atentos!!


Recorda: cando se pon maiúscula, r/rr, c ou z, c ou qu, g ou gu, etc.


NATURAIS

Aquí tedes un vídeo sobre as funcións vitais dos seres vivos, lembrádelas? Son tres:
- Función de nutrición
- Función de relación
- Función de reproducción 

Esperamos que vos guste!






HORA DE LER

Recordade que tedes que ler un pouquiño todos os días! Aquí está a nosa recomendación para hoxe. Esperamos que disfrutedes coa lectura!



                             UN FANTASMA CON ASMA


MANUALIDADE DO DÍA

Aquí vos deixamos unha receita para facer unha pintura 3D que colle volume ao secar. Os ingredientes seguramente tédelos todos e todas na casa. Pídelle axuda a un adulto para facer a mestura e para metelo no microondas. Animádevos e probade!