xoves, 23 de abril de 2020

XOVES, 23 DE ABRIL DE 2020




MATEMÁTICAS







Hai que estudar moi, moi ben as táboas de multiplicar. Nesta ficha fixádevos que as veces aparece o resultado da multiplicación, un dos factores (un dos números que se multiplica) e tedes que averiguar o outro factor.




LINGUA CASTELÁ



 

A extensión da historia debe ser como mínimo oito liñas! Recordade que hoxe é o Día do Libro. Se ti foras amigo ou amiga de Merche poderías prestarlle un libro... Que libro sería ese que tanto che gustou?

.






 LINGUA GALEGA/HORA DE LER

Onte foi o "Día da Terra". Pero todos os días debemos procurar coidala igual que se fose a nosa casa. (De feito tamén o é).
 
Neste traballo titulado A ÁRBORE FEITA POESÍA encontraredes preciosos poemas sobre as árbores escritos por autores galegos. Algúns serán máis difíciles de entender, pero outros, ídelos comprender perfectamente. Paga a pena botar unha olladada as árbores. As fotografías son moi fermosas!

Copiade o poema que máis vos agrade nun folio e ilustrádeo cun debuxo dunha árbore.
O debuxo ten que ser de gran tamaño. Mirade!
  UN ÁRBOL

PLÁSTICA

Se vos apetece facer un regaliño para o Día do Libro podedes imprimir a folla que representa as pezas do puzzle e pegar por detrás a poesía e o debuxo.Despois as recortades. Se non podedes imprimir debuxade as pezas e recortade. 

 PUZZLE




 CONTO
Para descansar un pouco visualizade este conto que se desenvolve en plena Natureza
QUIERO SER COMO TÚ


HORA DE BAILAR E CANTAR

Deixo aquí dúas cancións que poden facer reflexionar sobre se estamos a coidar o noso planeta que é o lugar onde vivimos e  a segunda invita a desfrutar da nosa vida nela.

MAMÁ TIERRA, DE MACACO 

MADRE TIERRA (OYE) CHAYANNE