DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase hoxe, 2 de
abril, coincidindo co natalicio do escritor danés Hans Christian
Andersen. Este escritor foi autor de libros tales como:
A
princesa e o chícharo, O reiseñor, Polgariña, O caracol e a
roseira, A sereíña, O traxe novo do emperador, Os zapatos
vermellos, O boneco de neve, O valente soldadiño de chumbo, O
patiño feo, Os cisnes salvaxes, A pequena fosforeira, O abeto.
O último soño do vello carballo. A raíña das neves ...
Estamos
case seguras de que na casa tedes algún libro deste autor, que
podedes ler, ou contar as vosas familias para conmemorar este día.
Deberiades
tamén botar unha ollada ao blog da nosa biblioteca onde hai videos e
contos de Andersen:
http://bibliotecaceipderoxos.blogspot.com/