Durante o confinamento puidemos comprobar como foron pasando os días, semanas e incluso case dous meses... Como pasa o tempo! Hoxe imos repasar o calendario. Podes facer estas tarefas oralmente, só precisas un almanaque para poder consultar e responder as preguntas que che fan.
Tamén imos facer un repaso de sumas e restas e de como se escriben os números. Estas tarefas podes facelas na túa libreta.
LINGUA GALEGA
Le esta lectura titulada "Como coñecín a Cora" e responde as preguntas. Fai os exercicios 2 e 3 na túa libreta e os demais pódelos facer orais.
LINGUA CASTELÁ
Hoxe en lingua castelá imos repasar ortografía con este xogo.
HORA DE LER
Hoxe é o último día desta semana de colexio! Temos por diante unha fin de semana un pouquiño máis longa e na que se celebran varias cousas. Por unha banda, mañá día 1 de maio é o Día Internacional do Traballo e, por outra banda, o sábado 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Se queredes saber un pouquiño máis de cada unha destas conmemoracións non deixedes de ver os vídeos que a continuación vos propoñemos.
- Vídeo onde se explica porque se celebra o Día Internacional do Traballo.
- Conto sobre o acoso escolar titulado "La decisión de Marina".
- Tamén vos propoñemos que vexades estas dúas curtas sobre o acoso escolar:
LOU (preme aquí para ver a curta)
XOGO PARA A FIN DE SEMANA
Aproveitando que temos por diante unha fin de semana un chisquiño máis longa, aquí vos deixamos un xogo con vasos no que hai que ter moito ritmo... Ánimo e a practicar moito!
BOA FIN DE SEMANA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario