QUEN É RICARDO CARVALHO CALERO?
Le esta lectura coa biografía do autor:
Agora responde a estas preguntas (podes facelo na túa libreta):
Agora podedes ver este vídeo sobre a vida de Carvalho Calero feito polo alumnado de 5º do colexio San Pío X de Ourense.
MATEMÁTICAS
Imos practicar o cáculo mental. Podes copiar as figuras na libreta para poder cubrir os resultados. Recorda que os cáculos débelos facer de cabeza!
Pista para as pirámides: a suma dos números das casiñas que están abaixo teñen que dar o número da casiña que está enriba.
LINGUA CASTELÁ
Nesta ficha aparecen dúas frases ou partes que se repiten, tes que escribir toda a información nunha frase. Podes escribilas na túa libreta.
HORA DE LER
A proposta de hoxe para ler é, por suposto, un libro que Ricardo Carvalho Calero escribiu para os nenos e nenas. Neste libro conta algo que lle pasou a el cando era pequeno, que lle acontecería? Dáche algunha pista o título do conto? E o debuxo da portada? Agardamos que vos guste moito!
MANUALIDADE DO DÍA
Xa que as protagonistas do conto de hoxe eran unhas pitas, coa manualidade que vos propoñemos poderedes facer unha!
ESPECIAL LETRAS GALEGAS
Nesta semana tan especial para as letras galegas podedes ver algúns contos e escoitar moitas cancións en galego. Que os disfrutedes!
A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO
CANCIÓN "UNHA VACA MARELA" DE PELO GATO 24, QUE VOS PARECE SE A APRENDEDES?
Ningún comentario:
Publicar un comentario