Repaso de números pares e impares, anterior e posterior.
Podedes facer estas táboas para completar na vosa libreta ou nun folio. Mirade ben as instruccións que vos dan en cada unha das táboas.
Hoxe para seguir repasando e practicando as táboas de multiplicar podedes facelo con este xogo:
LINGUA GALEGA
Tócavos facer de profes unha vez máis, as profes estamos un pouco despistadas con esto do confinamento e ao escribir este ditado escapóusenos algunha falta... Prestade moita atención que non se vos pase ningunha!
LINGUA CASTELÁ
Agora tes que seguir as instruccións que che van dando. Primeiro tes que copiar o cadro na túa libreta tal como está na ficha e despois ir coloreando como che vai indicando.
NATURAIS
Que vos parece ver máis curiosidades? Hoxe van ser das plantas e dos mares.
VÍDEOS EN YOUTUBE:
VÍDEOS EN YOUTUBE KIDS:
HORA DE LER
Neste libro atoparedes moi boas ideas para pasar o tempo na casa. Botádelle un ollo!
EXPERIMENTO:
Pode medrar unha planta sen luz? Imos investigar e comprobar se é posible ou non que medre sen luz. É moi sinxelo comprobalo, só precisas un pouco de paciencia. Preme no enlace e segue os pasos que che indican.
Tamén podes poñer un vaso nunha fiestra e comparar o que pasa cando está na luz e cando está a escuras.
Seguindo o modelo da ficha apunta os pasos deste experimento na túa libreta.
Aclaración: Onde di hipótese tedes que escribir o que vós pensades que vai pasar se poñedes o vaso dentro da caixa de zapatos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario