xoves, 14 de maio de 2020

XOVES, 14 DE MAIO DE 2020


LINGUA GALEGA

A estas alturas xa todos e todas sabedes que este ano adicamos o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero. Quizáis non estea demáis lembrar, que é o que celebramos precisamente este día, o 17 de maio de cada ano. Bueno, este ano celebrar, celebrar... vaise celebrar en outubro por causa do coronavirus que trastocou todo. Pero nós ímonos preparando!

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A actividade da cormarca non a fagades. Só aclararvos que unha comarca é un conxunto de poboacións veciñas que teñen características comúns.
A actividade que máis interesa que fagades é a do microrrelato ou miniconto. En cinco liñas ou seis.

Continuamos estudando un pouco da vida e da obra de Ricardo Carvalho Calero. Aquí tedes unhas actividades interactivas sobre "As pitas baixo a chuvia" publicadas pola Real Academia Galega.

AS PITAS BAIXO A CHUVIA


Anímamosvos a que tamén visitedes este enlace para descobrir a presencia e o gusto de Calero por:  O MAR


LINGUA CASTELÁ

Facemos un repaso:

VIDEO: FAMILIA DE PALABRAS PRIMITIVA Y DERIVADAS

(En YouTube)

VIDEO: FAMILIA DE PALABRAS  

(En YouTube kids)

Ficha:

PALABRAS DERIVADAS, ARTÍCULOS Y ORTOGRAFÍA (- BR - BL)


MATEMATICAS


Nesta tarefa o que se persigue e axilizar a operación de substracción. O 5 é o meu número da sorte, por iso está presente en todas as restas 😉.

MARATÓN DE RESTAR


Nesta ficha empezade sempre pola fila, columna ou diagonal na que só hai un cadriño baleiro. Por exemplo, na primeira fila do primer cadrado tedes 16+3+2=21; para chegar a 33 restades 33-21=12

Xa tedes o primeiro!


SUMAR EN CUADRIÑOS

(Van as solucións tamén para que comprobedes os resultados).

HORA DE LER

O dragón comemedo (Infantil-Xuvenil): Amazon.es: RuAn: LibrosSabemos que vós non sodes moi medorentos pero esperamos que vos guste este conto!

O DRAGÓN COMEMEDO



HORA DE CANTAR

A Carvalho Calero gustaríanlle estas cancións en portugués porque el pensaba que o galego tiña que acercarse moito na escrita ao portugués.

O LEAO En Youtube

AQUARELA DE TOQUINHO  En Youtube


AQUARELA DE TOQUINHO  En YoutubeKids

O LEAO DE CAETANO VELOSO
 
  En YoutubeKids
HORA DE DEBUXAR E PINTAR

Podedes inspirarvos nestes debuxos para facer os vosos e colorealos:
DEBUXOS DA OBRA DE CARVHALLO CALERO



Ningún comentario:

Publicar un comentario