luns, 4 de maio de 2020

LUNS, 4 DE MAIO DE 2020


Estrenamos maio, celebramos o Primeiro de Maio ou Día Internacional do Traballador , o Día da Nai... Que boa fin de semana! 
Puidemos pasear e saír a desfrutar do bo tempo. Aínda que fora por categorías de idade e por horarios... como se agradece estirar un pouco as pernas!

Agora a traballar un pouco!

MATEMÁTICAS

Conta os puntos das filas (horizontais) e das columnas (verticais) e resolve multiplicando:

MULTIPLICAR CONTANDO FILAS Y COLUMNAS


Ten que quedar moi claro a relación da suma coa multiplicación. Aquí o vedes:

MULTIPLICACIÓNS VISUAIS



LENGUA CASTELLANA

 


 LINGUA GALEGA
Recordades que despois de Semana Santa vos pedimos que fixerades unha redacción sobre o que estabades a ver desde as vosas fiestras?
Hai poucos días celebramos o Día Mundial do Libro.
Este video que enlazamos aquí xoga aquí coa temática das fiestras e dos libros. É ofrecido polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Espero que vos guste!


 FIESTRAS AO MUNDO

 CIENCIAS SOCIAIS

Facede memoria de  cando falamos a principios de curso das festas e tradicións populares: o Entroido, o 25 de Xullo... Unha festa moi bonita, aínda que non é propia da nosa zona, é:

 "A festa dos Maios"  

Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio, aínda que pode prolongarse ata o mes de xuño.
Hai dous tipos de maios:
  • os humanos, cando unha nena ou un neno se disfraza de maio, cubrindo as súas roupas con follas, pólas e flores;
  • os figurativos, cando o maio é unha figura con forma cónica ou piramidal feita con paus que se recobre de xestas, hedras, fentos, musgo, fiúncho..., e adórnase con flores, laranxas e mesmo cascas de ovo. 
Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc... 
Fotos: Fiesta de los Maios de Villafranca del Bierzo (León) | El ... 


GALIZA: “OS MAIOS” FESTEJA LA LLEGADA DE LA PRIMAVERA - BLOGUE DO ...

Aquí vos deixo unha cantiga para que a recitedes na casa:

O MAIO DE AS NOGAIS




 Este é un caínzo











PLÁSTICA 

A única que saiu gañando co noso encerro foi, ao parecer, a Natureza e o medio ambiente. Para seguir coidandoos propoñemos esta actividade onde se utiliza material de reciclaxe.

 FLOR DE MATERIAL RECICLADO
(youtube kids)
 
FLOR DE MATERIAL RECICLADO   (en youtube)

Ningún comentario:

Publicar un comentario