luns, 25 de maio de 2020
ORIENTACIÓNS PARA O TRABALLO COS LIBROS DE TEXTO
Podedes traballar en todos os libros libremente, tamén nos do 3º trimestre.
Cando se atopen con algún contido ou tarefa que lles resulte moi complicada poden deixala sen facer e pasar a outra que poidan facer de maneira autónoma e que lles resulte máis sinxela.
Seguimos insistindo que o traballo que están a realizar ten como finalidade manter unha rutina de traballo repasando o xa visto na aula, polo que é importante que fagan todos os días un pouco de matemáticas e das dúas linguas.
En canto á cantidade de tarefas a facer ao día, unha posible recomendación sería:
- dúas páxinas de matemáticas
- dúas páxinas de lingua castelá
- dúas páxinas de lingua galega
- dúas páxinas de ciencias (alternando naturais e sociais cada día)
Hai que ter en conta que non todos teñen igual ritmo de traballo, o rendemento non é o mesmo todos os días e a dificultade das tarefas non sempre é a mesma (por exemplo unha tarefa de expresión escrita soe levar máis tempo facela e resulta máis laboriosa para eles e elas) polo que haberá días que non dan feito tanto traballo, de ser así quedaría para o seguinte día. Cremos que o tempo adicado ao día non debe ser superior a dúas horas e media.
Insistimos unha vez máis na importancia de ler todos os días un ratiño (20 minutos aproximadamente) e de alternar lectura en voz baixa e en voz alta.
CARTA A FAMILIAS DO 20 DE MAIO
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario