Hoxe imos repasar os euros facendo uns problemas e cun xogo no que tedes que vencer un virus.
LINGUA GALEGA/ PLÁSTICA
A continuación tedes unha pequena escolma das viñetas que o artista gráfico Luis Davila ten publicado no xornal Faro de Vigo con motivo do Día das Letras Galegas.
Unha viñeta é un debuxo representativo (ou humorístico) acompañado, xeralmente, dun texto breve.
A tarefa que vos propoñemos hoxe é facer a vosa propia viñeta para felicitarlle a todos e todas o Día das Letras Galegas. Gustaríanos que nos achegárades as vosas viñetas por correo electrónico. Para facela fíxate nas de Davila, tanto no debuxo como no texto, para que che sirva de guía.
Repaso de clasificación de palabras según o número de sílabas e palabras con ca, co. cu, que e qui.
HORA DE LER
Como todos os anos Os bolechas queren ensinarnos moitas cousas sobre o homenaxeado do Día das Letra galegas.
ESPECIAL LETRAS GALEGAS
XOGO LETRAS GALEGAS: no enlace tedes un xogo interactivo sobre Carvalho Calero.
CANCIÓN:
BOA FIN DE SEMANA A TODAS E TODOS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario